REMATES


ALEIRO

Remate peche entre a prancha de cuberta (final de pendente) co paramento vertical. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Aleiro

 

 

PEITORIL

Remate metálico para o peitoril en ventás. Sitúase na parte inferior da ventá, sendo a principal función impedir a entrada de auga. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Peitoril

 

BABEIRO

Remate de babeiro para o peche de encontro entre a prancha de cuberta e o cerramento vertical de fachada. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Babeiro

 

BANDEXA

Remate complemento de peche entre a parte inferior da fachada e o paramento. Tamén se usa como lintel de portas e ventas. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Bandexa

 

CANAL CENTRAL

Elemento destinado a recollida e a condución de augas pluviais de dúas pranchas de cuberta. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Canal central

 

CANAL EXTREMA

Elemento destinado a recollida e condución de augas pluviais de unha soa prancha de cuberta. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

Canal extrema

 

COROACIÓN

Remate peche superior de dous paramentos verticais ou entre o paramento vertical e outro elemento como a cuberta ou o canal. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Coroación

 

CUBRE RÍOS

Remate coa función de cegar os ríos de cuberta no caso de que existen ocos  na súa prancha. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Cubre ríos

 

CUMIO

Remate de cumio para o peche do encontro superior entre dúas pranchas de cuberta. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Cumio

 

ESQUINA

Remate de esquina para a solución do encontro entre dous paramentos verticais. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Esquina

 

XUNTA DE DILATACIÓN DE CUBIERTA

Remate de peche da xunta de dilatación de cuberta formado por dúas pezas con unión de solape libre. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Xunta dilatación cuberta

 

XUNTA DE DILATACIÓN DE FACHADA

Remate de peche da xunta de dilatación na fachada formado por unha peza con un pregado en V. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Xunta dilatación fachada

 

PERIMETRAL COOPERANTE

Conxunto de remates perimetrais ou parapetos, ca función de encofrado e evitar derrames de masa durante o vertido de formigón en forxados de chapa cooperante. Xeralmente fabrícase en aceiro galvanizado, pero tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Perimetral cooperante

 

PERIMETRAL CUBERTA DECK

Remate perimetral en petos e ocos de cubertas Deck. Xeralmente fabrícase en aceiro galvanizado, pero tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Perimetral cuberta Deck

 

PÉ DE PRANCHA

Remate inferior de fachada e lintel de portas e ventás. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Pé de prancha

 

RECANTO

Remate de recanto para dar solución o encontro entre dous paramentos verticais. Xeralmente fabrícase en toda a carta de cores (lacado), aínda que tamén existe a posibilidade de fabricalo noutro tipo de materiais.

 

Recanto