ESTRUTURAS
VIGAS E COLUMNAS
Estes son os elementos básicos sobre os cales descansa calquera instalación de chapa conformada ou panel sándwich. A partir deste tipo de estrutura desenvolverase a instalación de todos os demais elementos que conformarán o deseño final. Pódense realizar nas medidas desexadas, sempre e cando o peso das vigas estea compensado no número de columnas oportunas para non comprometer a estabilidade final da construción. Na maioría dos casos, compleméntanse con elementos soldados para colocar posteriormente corpos como as correas, e favorecer ó mesmo tempo a estabilidade e a lixeireza da estrutura.
Hai distintos tipos de perfiles de ferro laminados en quente para a construción de vigas e columnas, sendo os máis representativos os seguintes:
OMEGAS
As omegas son corpos metálicos pregados que serven de apoio para aparafusar algúns dos elementos que conformarán o deseño final da construción. Na maioría dos casos úsanse en conxunción coas correas para acabar de consolidar a estrutura principal, e a partir dela desenvolver a construción final. O máis frecuente e realizalas en aceiro galvanizado de distintos espesores en función da resistencia mecánica requirida, aínda que tamén se poden realizar noutros materiais dependendo das calidades estéticas e mecánicas desexadas.
CORREAS
As correas son corpos metálicos pregados que serven de apoio para aparafusar algúns dos elementos que conformarán o deseño final da construción. En xeral, úsanse para unir os ocos entre as vigas onde non se necesita un elemento con demasiada resistencia ó peso, pero si que aporte estabilidade á estrutura, o que se consegue cos pregados estándar deste elemento. O máis frecuente e realizalas en aceiro galvanizado de distintos espesores en función da resistencia mecánica requirida, aínda que tamén se poden realizar noutros materiais dependendo das calidades estéticas e mecánicas desexadas.
VENTILACIÓN
Os elementos de ventilación son básicos para moitas instalacións, posto que dependendo das características meteorolóxicas do lugar de construción dunha estrutura e/ou das características de produción da empresa que se aloxará nas instalacións, pódense chegar a necesitar solucións de ventilación industrial para renovar o aire viciado.