PARAFUSOS E ACCESORIOS


PARAFUSOS

Nas nosas instalacións dispoñemos dunha gran variedade de solucións para fixacións, unións e o montaxe dos nosos produtos. Entre eles, destacamos os parafusos de rosca para  chapa, parafusos autoperforantes, autorroscantes, para formigón, para panel sándwich, para fixación estrutural e de detalle para remates. Xeralmente todos eles poden ser lacados, cincados, con cabeza de nylon e/ou en aceiro inoxidable.

  • Parafuso autorroscante para formigón:

Proporciona o ancoraxe perfecto para a fixación de chapa sobre bloques ocos, ladrillo ou formigón.

 

Formigón

 

  • Parafuso autorroscante:

É a solución de unión entre dúas chapas, previa perforación.

 

Autorroscantes

 

  • Parafuso autoperforante:

É unha solución que permite perforar, roscar e fixar nunha soa operación.

 

Autoperforantes

 

  • Parafuso para panel sándwich:

É un parafuso especialmente deseñado para a fixación de panel, posto que se compón de dous tipos de roscas diferentes (para fixación e selado respectivamente) separadas entre si e adaptable a diversos espesores.

 

Panel sándwich

 

  • Parafuso de detalle para remates: 

Este tipo de parafuso úsase en remates que necesitan un parafuso vista, pero nos que prima a estética sobre a suxeición.

 

De detalle

 

ACCESORIOS

Entre os principais accesorios que comercializamos están as embocaduras para canais, bisagras, pinturas, etc.