PANEL SÁNDWICH
PANEL DE CUBERTA
Dispoñemos dunha gran variedade de paneis para cubertas perfectos para o seu uso en todo tipo de instalacións, destacando como características principais o illamento térmico e acústico, a lixeireza e o bo comportamento ante o lume. Os panes de cuberta compóñense de dúas capas de aceiro lacado separadas entre si por unha capa ríxida de escuma illante de poliuretano. Xeralmente a capa exterior está dispoñible en toda a carta de cores, mentres que a capa interior só se fabrica en branco.
O panel sándwich para cuberta instálase mediante o encaixe sobre o lateral do panel anterior, aparafusando unha das grecas sobre a outra e cubrindo a peza cun tapaxuntas especial, co que se logra un acabado estético e uniforme.
PANEL DE FACHADA
Ó igual ca no caso do panel de cuberta, dispoñemos dunha gran variedade de pais para fachada perfectos para o seu uso en todo tipo de instalacións, destacando como características principais o illamento térmico e acústico, a lixeireza e o bo comportamento ante o lume. Existen diferentes acabados, entre os que destacan o liso, semi-liso e o perfilado. Os paneis de cuberta compóñense de dúas capas de aceiro lacado separadas entre si por unha capa ríxida de escuma illante de poliuretano. Xeralmente a capa exterior está dispoñible en toda a carta de cores, mentres que a capa interior fabrícase en cor branca.
O panel sándwich para fachada pode ser instalado tanto en vertical coma en horizontal, posto que a unión entre pezas realizase por medio dunha xunta macho-femia onde os parafusos quedan ocultos sen necesidades de tapaxuntas.
PANEL TELLA
O panel tella que comercializamos caracterizase por unha chapa exterior que se asemella á forma clásica dunha tella, dándolle ó panel un aspecto menos industrial e máis residencial. Destacan entre as súas características o illamento térmico e acústico, a súa lixeireza e a sorprendente variedade de acabados dispoñible. Os paneis tella compóñense de dúas capas de aceiro lacado separadas entre si por unha capa ríxida de escuma illante de poliuretano.
O panel tella instálase mediante o encaixe consecutivo sobre o lateral do panel exterior (encaixado), e a perforación e fixación do outro extremo, de modo que o parafuso sempre queda oculto. Ademais, existen unha serie de remates especiais para lograr una acabado perfecto.
PANEL FRIGORÍFICO
O panel frigorífico que comercializamos está capacitado para o seu uso a diferentes temperaturas, incluíndo a conxelación e a ultraconxelación. En función do contido en humidade, salinidade, concentración e tipo de ácidos deberase elixir entre os distintos acabados que ofertamos en paneis frigoríficos, posto que se poden modificar tanto o tipo de nervado e o espesor do aceiro como a elección da escuma configuradas por defecto. As xuntas dos paneis frigoríficos proporcionan máximo estancamento e unha óptima reacción en situacións de lume.
PANEL TRANSLÚCIDO
O panel translúcido (policarbonato) para iluminación encaixa perfectamente no panel sándwich, uníndoo como unha peza máis deste. A súa estrutura está conformada por varios niveis de células (ou cámaras de aire) que lle confiren un alto grao de illamento térmico. É recomendable instalar liñas de panel translúcido sempre que o tamaño e/ou a ausencia de portas e ventás impidan obter un espazo iluminado de maneira natural durante o día.
PANEL AGRARIO
O panel agrario é o recomendado para a utilización en instalacións agropecuarias, onde os ácidos que emanan dos animais e a actividade agraria causan un deterioro acelerado nas instalacións tradicionais. Os paneis agrarios compóñense de dúas capas de aceiro lacado separadas entre si por unha capa ríxida de escuma illante de poliuretano, e rematado interiormente cun recubrimento interior en forma de lámina (practicamente imperceptible) elaborado a partir de resinas de poliéster, para evitar que actúe a corrosión sobre o metal. Destacan como características principais o illamento térmico e acústico, a resistencia á corrosión, a lixeireza e o bo comportamento ante o lume.