CHAPA CONFORMADA


CHAPA DE FACHADA E CUBERTA

A chapa está formada por 3 capas principalmente, unha capa de aceiro, unha capa de galvanizado e unha capa de lacado que aporta a cor final. As vantaxes da chapa conformada son principalmente a resistencia mecánica e a lonxevidade. Este tipo de chapa pode fabricarse en toda a carta de cores, en espesores de 0,50 a 1,0 mm e na lonxitude desexada, sempre limitada polo transporte e o acceso á obra.

A chapa instalase mediante o encaixe sobre o lateral da chapa anterior, montando unha das grecas sobre a outra e aparafusando na base da chapa, xeralmente con parafuso vista para lograr un bo agarre, e un acabado estético e uniforme.

 

GrecadaMinionda

 

CHAPA PARA CUBERTA DECK

A chapa para cuberta Deck está formada por 3 capas principalmente, unha capa de aceiro, unha capa de galvanizado e unha capa de lacado que aporta a cor final (opcional). As vantaxes da chapa conformada son principalmente a resistencia mecánica e a lonxevidade. Este tipo de chapa pode fabricarse en toda a carta de cores, en espesores de 0,50 a 1,0 mm e na lonxitude desexada, sempre limitada polo transporte e o acceso á obra.

A chapa instálase mediante o encaixe sobre o lateral da chapa anterior, montando unha das grecas sobre a outra e aparafusando na base da chapa, xeralmente con parafuso vista para lograr un bo agarre e un acabado uniforme.

 

Chapa para cuberta DeckMontaxe cuberta Deck

 

 

CHAPA PARA FORXADO COOPERANTE

A chapa para forxado cooperante está formada por 2 capas principalmente, unha capa de aceiro e unha capa de galvanizado. As vantaxes da chapa conformada son principalmente a resistencia mecánica e a lonxevidade. Este tipo de chapa pode fabricarse en espesores de 0,50 a 1,0 mm e na lonxitude desexada, sempre limitada polo transporte o acceso á obra.

A chapa instálase mediante o encaixe sobre o lateral da chapa anterior, montando unha das grecas sobre a outra e aparafusando na base da chapa, xeralmente con parafuso vista para lograr un bo agarre, e un acabado uniforme.

 

Forxado cooperanteForxado cooperante

 

CHAPA TRANSLÚCIDA

A chapa translúcida está composta (xeralmente) de policarbonato. As vantaxes da chapa conformada son principalmente a resistencia mecánica e a lonxevidade. E recomendable instalar liñas de chapa translúcida sempre que o tamaño da nave e/ou a ausencia de portas e ventás impidan obter un espazo iluminado de maneira natural durante o día. Este tipo de chapa acostuma a comercializarse en acabado transparente, en espesores de 0,50 a 1,0 mm e na lonxitude desexada, sempre limitada polo transporte e o acceso á obra.

A chapa instálase mediante o encaixe sobre o lateral da chapa anterior (perfectamente axustable), montando unha das grecas sobre a outra e aparafusando na base da chapa, xeralmente con parafuso vista para lograr un bo agarre, e un acabado estético e uniforme.

 

Chapa translúcida