Nunha aposta pola integración vertical do negocio, o noso equipo humano tamén realiza tarefas de medición, deseño, montaxe e construción de estruturas. No primeiro caso, garantimos medidas e fabricacións exactas cando un dos nosos expertos se despraza á obra en cuestión para realizar as medición e os cálculos oportunos, xa que utilizamos ferramentas de primeira clase para realizar cómputos e estimacións.
No caso da construción, realizamos traballos de gran calidade, sempre no prazo e forma previamente estipulados no peche do trato co cliente (salvo inclemencias meteorolóxicas). Para a montaxe dos proxectos propostos polos nosos clientes contamos con varias plataformas elevadoras, grúas, e demais ferramentas tácticas para así alcanzar os mellores niveis de acabado incluso nos lugares de peor acceso.
En ambos casos, os presupostos calcúlanse á maior brevidade posible, sen demorarse máis alá do tempo necesario para realizar os cálculos de material e os costes de servicio soportados pola empresa.