En xuño do ano 2004 abre as súas portas Perfigal, Transformados Metálicos, S.L. dedicada á fabricación de perfiles metálicos conformados en frío e a comercialización e transformación de produtos férreos. A nosa actividade está dirixida tanto a empresas da construción especializadas en cerramentos metálicos coma a particulares.

 

Instalacións

Para o correcto desenvolvemento da nosa actividade empresarial contamos cunhas instalacións de máis de 1500 m2 localizadas na emerxente zona industrial de Vilar de Santos (Ourense). En ditas instalacións dispoñemos de dúas cizallas (3 e 6 metros) e dúas máquinas de facer pregados (6 metros) con control numérico dixital, unha máquina de perfís curvados (2,5 metros), unha máquina de punzar, unha prensa hidráulica, varios equipos de soldadura industrial e unha interminable colección de ferramentas que nos condicionan para lograr acabados de máxima calidade. Adicionalmente, e mostrando un compromiso cos nosos clientes, dispoñemos dunha cabina de pintura independente para completar os procesos de pintado sen adulteracións externas.